Un dos grandes retos do século XXI será, sen dúbida, a preservación do patrimonio natural, algo que está a ser moi complicado nun planeta superpoboado e sobreexplotado, onde cada vez se fai máis patente a necesidade de facer un uso sostible dos recursos. Se isto é difícil para o patrimonio natural en xeral; que podemos dicir do patrimonio xeolóxico? Que é sempre o gran esquecido!
Non se pode respectar o que non se coñece; por iso dende AEPECTgalicia cremos que é necesario divulgar a xeoloxía, facer chegar o coñecemento xeolóxico práctico (o máis práctico posible) ao alumnado que temos nas aulas, pero tamén, na medida do posible, ao público en xeral.
Dámosvos a benvida a este blog que pretende ser un novo canal de comunicación entre os socios e socias de AEPECTgalicia, pero tamén para toda a xente interesada na xeoloxía e na divulgación do coñecemento xeolóxico. Aquí iremos colgando toda a información relativa ás actividades da asociación en Galicia: olimpíada, actividades de divulgación, de formación do profesorado, etc. Pero, sobre todo, queremos que isto sexa un foro onde intercambiar ideas e experiencias que nos enriquezan a todos e a todas: compartir coñecemento, para preservar e para gozar máis e mellor do medio natural!
Moi boa idea a creación deste blod. A ver se entre todos e todas lle imos dando vida
O que é andar coas gafas vellas que xa nin sei que escribo. Está claro que quería poñer “blog” e non “blod”
Bonita imaxe, ten un aire como de “Viaxes do capitán Cook” ou algo así.
Enhorabuena por la iniciativa del blog!! Una preciosa foto para dar la bienvenida. Que el blog crezca mucho y que tod@s participemos y podamos disfrutarlo!! Saludos
Felicitacións pola idea e polo voso traballo