XORNADA SOBRE MINARÍA

cartel xornada2

É posible compatibilizar a actividade mineira coa protección do medio natural? Esa foi a gran pregunta que nos fixemos todas e todos o día 23 de febreiro na xornada sobre minaría que celebramos en Santiago. Non é raro que que nos fagamos esta pregunta tendo en conta as noticias aparecidas  na prensa que falan de empresas canadianas que rastrexan o solo de Galicia na busca de minerais: ouro e terras raras, sobre todo, de explotacións previstas ou en estudo en numerosos lugares: Corcoesto, Forcarei, Lalín, Silleda, Irixo, Serra do Galiñeiro, As Pontes, Santa Comba, O Barco, Castrelo de Miño…etc.

Que hai detrás desta febre de ouro e terras raras? A ninguén se lle escapa o alto prezo do ouro que se utiliza como valor de refuxio en tempo de crise. Pola súa parte o auxe das novas tecnoloxías: ordenadores, móbiles, etc fixo aumentar a demanda das terras raras.

Somos conscientes do enorme impacto ambiental que teñen as explotacións mineiras, sobre todo as de ceo aberto, e polo tanto preocúpanos esta cuestión. Por outra parte, tamén somos conscientes da necesidade de explotar os recursos mineiros. Como defendía un dos conferenciantes; o xeólogo de Salamanca Alfonso Gracia Plaza, resulta unha hipocrisía usar as novas tecnoloxías e non querer de ningunha maneira explotación de terras raras no noso territorio. En palabras de Alfonso Gracia: é preferible que se exploten aquí onde existe unha lexislación laboral e ambiental, que en países onde estas brillan pola súa ausencia. Cal é o problema entón? Que a lexislación non se cumpre, e temos demasiados exemplos diso: canteiras en espazos protexidos, invadindo leitos de ríos, etc. E a restauración ambiental…Non existe! Como resalta o outro conferenciante,  o Edafólogo Serafín González Prieto: o único exemplo de restauración mineira en Galicia é o Mina de Lignito das Pontes.

Ninguén discute a utilidade dos elementos do grupo das “terras raras”; as novas tecnoloxías están tan metidas nas nosas vidas que case non sabemos vivir sen elas (máis discutible é xa o uso que se fai delas como obxectos de usar e tirar, pero esa é outra historia). Non ocorre o mesmo ca minaría do ouro. E realmente necesario o ouro? Compensa destruír 1 Tm de rocha para obter 1,7g de ouro? E por cada Kg de ouro xerar 4000 Tm de residuos? E, peor aínda, utilizar 128 Kg de cianuro? A opinión xeralizada entre as/os asistentes á xornada é que non. O mesmo Alfonso Gracia, experto en Xestión de recursos naturais, considera a cianuración como pouco recomendable e advirte da súa perigosidade.

Cal debe ser o papel dos ensinantes de Ciencias da Terra ante esta situación? Informarnos parece a primeira medida, e foi o que se intentou facer nesta xornada, e formar ao noso alumnado sobre esta cuestión; porque precisamos dunha cidadanía responsable que sexa consciente das consecuencias que trae o uso (e abuso) e a explotación excesiva e inadecuada dos recursos; para que poida actuar, en primeiro lugar dende a propia conduta: modificando hábitos pouco respectuosos co medio natural, pero tamén esixindo as autoridades competentes algo tan elemental como que cumpran e fagan cumprir a lexislación.

Enlaces de interese:

http://www.sghn.org/Actuacions_Xeral/Mineria/Xornada_mineria_AEPECT-ENCIGA_2013-02-23.pdf

http://www.censomineiro.org/

http://vimeo.com/57487282

 

AEPECTgalicia Coordinación

Anuncios

Una respuesta a “XORNADA SOBRE MINARÍA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s