NOVA ACTIVIDADE: “Itinerario naturalista polas serras do Galiñeiro e A Groba”

galiñeiro

 

Relatores:

  • Xurxo Pérez Pintos, profesor de Bioloxía e Xeoloxía do IES Rosais I de Vigo e experto estudoso da serra do Galiñeiro
  • Afonso Rodríguez González, naturalista  experto estudoso da serra da Groba.

Datas e horario de realización:

Dende o venres 18 de outubro, dende ás 18:30 de la tarde ata o domingo 20 de outubro a las 15 horas, aproximadamente.

Contidos da actividade:

Venres 18 ás 19:30 h Charla a cargo de Xurxo Pérez Pintos: “A Serra do Galiñeiro no Antropoceno. As orixes das rochas, das formas e dos usos tradicionais, e os condicionantes que impoñen”
Sábado 19: excursión pola serra do Galiñeiro de 5/6 horas, dividida en 3 xeiras (2 circulares)

  • Arredor do Coto da Zorra:  petroloxía e xeomorfoloxía.
  • Arredor de As Gallas: periglaciarismo e bioestrutura antropóxenica.
  • Dende a Lagoa dos Bromús ata a Cova da Touba: ocupación humana prehistórica e fenómenos de ladeira.

Domingo 20: excursión pola serra da Groba estudando os sistemas de turbeiras e a súa ecoloxía, así como os diferentes ecosistemas (carrasqueira, cervunal, charcas estacionais, etc) e a súa necesaria preservación (nesa zona hai dous hábitats de interese comunitario considerados como prioritarios).

Número de prazas: 25

Prezo da matrícula: 80 euros para socios, 90 euros para non socios.

Nos gastos de matrícula van incluídos:

  • Aloxamento en réxime de pensión completa na residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán)
  • Documentación relacionada coa actividade.

Prazos de inscrición: Dende as 9 horas da mañá do martes 17 de setembro ata as 20 horas del martes 24 de setembro, enviando un correo electrónico a esta dirección: aepectgalicia@gmail.com no que consten: nome e apelidos, condición de socio ou non socio e DNI para efectuar a reserva. De non cubrírense as prazas dispoñibles ampliaríase o prazo ata o 30 de setembro. Nesa data  publicarase a lista de admitidos, e o prazo de pago de matrícula será do 30 de setembro ao 7 de outubro.

Aclaracións varias:

  • O aloxamento dos/as participantes será en habitacións dobres, pero pódese solicitar habitación individual pagando un sobrecusto de 5 euros/día.
  • O desprazamento dende a residencia de Panxón ata as serras farase en coches particulares (organizarémonos para levar os menos coches posibles).
  • Hai zonas con algo de toxo (Ulex europaeus).
  • O sábado comeremos de picnic no monte.
  • Hai algún tramo con certa pendente (2 subindo e 1 baixando).
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s