O martes 18 de febreiro celebramos a fase galega da V olimpíada de xeoloxía. Finalmente levouse a cabo en 3 sedes de xeito simultáneo: na Escola de Enxeñaría de minas en Vigo, na Facultade de Bioloxía en Santiago e na Escola Politécnica superior en Lugo.
178 estudantes de 4º de ESO e Bacharelato de toda Galicia participaron nesta edición da olimpíada. O que significou un notable incremento con respecto a edicións anteriores: máis do dobre, con participación de alumnado das 4 provincias que durante un día pasouno ben falando, debatendo e reflexionando sobre Xeoloxía. O que ven a demostrar que a olimpíada é unha actividade enormemente dinamizadora.
A xornada empezou ás 11,30 da mañá coa recepción por parte dos representantes das universidades de Vigo e Santiago e dos centros mencionados, inmediatamente comezou a proba práctica por grupos que rematou sobre as 13 h despois de xantar, ás 15 h comezou a proba teórica. Entre as 16, 30 e as 18,30 h leváronse a cabo unha serie de actividades: visitas a departamentos, laboratorios e centros de investigación. Rematou a xornada ás 18,30 h coa entrega de premios.
Os finalistas da fase galega que nos representarán en Toledo o 29 de marzo son:
1º Saúl Astray Gómez.
2º Marta Morato Costa.
3º Luís Morillo Díaz
Todos 3 do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
Por outra parte nas distintas sedes os resultados foron:
En Santiago:
Accésit de 4º de ESO:
Yasmina Farhani Luaces. CPI A Picota (Mazaricos)
Mellor grupo:
Eduardo Abalde García
Saúl Astray Gómez
Isidro Maneiro Fernández
Marta Morato Costa
Do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
Campión provincial:
Saúl Astray Gómez. 1ºBach. IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
En Lugo:
Subcampión provincial:
Yago Ferreiro Arias. 2º Bach. IES Xoán Montes de Lugo
Mellor grupo:
Cristina Armesto López
Pedro Argüello Vázquez
Talía Rodríguez Rodríguez
Lorena Díaz Carrasco
Noelia Pérez López
Do IES Gregorio Fernández de Sarria
Campión provincial:
Pedro Argüello Vázquez (4º ESO) ). IES Gregorio Fernández de Sarria.
En Vigo:
Accésit de 4º de ESO:
Nicolás Rey Blanco 4ºESO . IES A Basella. Vilanova de Arousa.
Mellor grupo:
Elsa Fervenza Chapela
Andrea Lagoa Núñez
Lorena Paganini Costa
Nerea Riveiro Ríos
Mercedes Ojea Rouco
Do IES A Paralaia (Moaña)
Campión provincial:
Marcos Renda Fernández. 1º Bach. IES Primeiro de Marzo. Baiona.
Dende aquí queremos agradecer, unha vez máis, a colaboración das universidades de Santiago e Vigo, así como ás facultades e escolas onde se celebrou e ás persoas que, nas respectivas sedes nos facilitaron a loxística para a celebración do evento. Tamén a todo o profesorado e alumnado participante porque sen elas/es nada disto tería sentido. Parabéns a todos/as porque o éxito é voso.
AEPECTgalicia Coordinación
A olimpíada na prensa:
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2014_02/noticia_0079.html
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2014_02/noticia_0097.html
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=8199&Itemid=61
Esperamos facer medrar a experiencia para o ano que ven, e que consigamos estar todos e máis… E conseguir sede en Ourense.