VI Olimpíada de Xeoloxía. Fase Galega
A VI Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.
Nesta edición da Fase Galega patrocinan e colaboran a Facultade de Bioloxía de Santiago, Escola Politécnica Superior de Lugo, E.T.S.E de Minas de Vigo e Facultade de Ciencias de Ourense e as probas realizaranse simultaneamente nestas catro sedes.
BASES:
1. PARTICIPANTES:
Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.
2. INSCRICIÓN:
Os centros interesados en participar solicitarano, cumprimentando e enviando a ficha de inscrición que se xunta a: aepectgalicia@gmail.com entre o 20 de outubro e o 20 de decembro de 2014. Non se establece un número máximo de participantes por centro, pero recoméndase que non sexa máis de 12 alumnos/as (3 grupos).
As probas terán lugar o mércores 11 de febreiro de 2015, entre as 11,30 e as 18,30h
3. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:
Proba teórica de 40 preguntas tipo test
Proba práctica; constará de 2 partes:
a) 1ª parte: arredor do mapa topográfico
b) 2ª parte: proba de “visu” con actividades arredor de fotografías xeolóxicas e exemplares de rochas, minerais e fósiles.
4. PREMIOS:
En cada sede o día das probas entregaranse os premios a:
-Campión/oa provincial: diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía.
-Accésit 4º ESO: diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía.
-Diploma acreditativo para a 2ª e 3ª persoas clasificadas, así como para o mellor grupo.
Nos días posteriores á proba daranse a coñecer as/os 3 gañadores/as por Galicia: as 3 persoas con mellores cualificacións que pasarán á Fase Española, que terá lugar en marzo de 2015 en Alicante recibindo como premio, ademais dun diploma acreditativo, a asistencia a esta cos gastos pagados e contando cunha persoa acompañante designada pola organización.
É de destacar, ademais, que o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar as bolsas que as universidades galegas conceden para os/as premiados nas olimpíadas científicas.
Para máis información dirixirse a: aepectgalicia@gmail.com
Exame teórico da V Olimpiada resolto P PRACTICA Mapas PROBA PRACTICA visu PROBA PRACTICA visu PROBA PRACTICA IV olimpiada Exame teórico IV Olimpiada PROBA_PRACTICA_III olimpíada Exame teórico IV Olimpiada Examen 2ª olimpiada xeoloxía Proba práctica II olimpíada