OBXECTIVO: XEOPARQUE PARA CABO ORTEGAL

DSCN8077

Pode o patrimonio xeolóxico converterse en motor de desenvolvemento dunha comarca? Iso é o que se pretende dende a Rede Global de Xeoparques (GGN, http://www.globalgeopark.org). Un Xeoparque é un territorio que presenta un patrimonio xeolóxico destacado que pode servir de base para iniciativas de desenvolvemento sustentable.

Galicia presenta presenta moitos lugares de interese xeolóxico, pero se nos temos que quedar con un; indubidablemente escollemos o Complexo de Cabo Ortegal. Por iso dende AEPECTgalicia, queremos apoiar a iniciativa posta en marcha polo xeólogo Ferrolán J Fancisco Canosa para conseguir o recoñecemento de Cabo Ortegal como Xeoparque.

Celebramos este tipo de iniciativas que buscan unha saída económica para unha comarca a partir do patrimonio xeolóxico, natural, pero tamén do patrimonio cultural, sen destruílo; para que chegue ás xeracións futuras. Iso é o que se pretende dende os Xeoparques: fomentar a educación e a divulgación e atraer a un turismo de natureza e cultura ao tempo que promove todas aquelas iniciativas locais respectuosas co medio natural e cultural.

En España hai 10 Xeoparques, en Galicia sería o primeiro. Dende aquí animamos á poboación dos 8 concellos que abrangue (Cedeira, Cariño, Ortigueira, Cerdido, Moeche, Valdoviño, San Sadurniño e As Somozas) a implicarse no proxecto; merece a pena o esforzo por conseguir un futuro na terra. Porque o futuro, ou é sustentable ou non hai futuro!

Aquí tendes o link da noticia do Xeoparque na Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/12/27/xeoparque-do-cabo-ortegal-facilitaria-promocion-zona/0003_201412F27C9991.htm#

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s