VI olimpíada de Xeoloxía, fase galega: novo record de participación

Vigo probas prácticas 23Unha vez máis batimos record de participación: 278 participantes na fase galega da VI olimpíada de Xeoloxía!

O mércores 11 de febreiro celebrouse nas 4 provincias galegas a VI olimpíada de Xeoloxía: na Facultade de Bioloxía en Santiago de Compostela, na Escola Politécnica Superior en Lugo, na Escola superior de Enxeñaría de Minas en Vigo e na Facultade de Ciencias de Ourense.

Nesta edición as/os gañadores/as foron:
-Campión provincial da Coruña e 1º clasificado tamén a nivel a nivel galego: Saúl Astray Gómez, alumno de 2º de    Bacharelato do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
-Campioa provincial de Pontevedra: Sandra Pichel Rodríguez, alumna de 1º de Bacharelato do IES 1º de marzo de Baiona.
-Campión provincial de Lugo: Pablo Bugidos Martín, alumno de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
-Campioa provincial de Ourense: Lucía Rodríguez Vázquez, alumna de 1º de Bacharelato do IES “O Couto” de Ourense.
Os 4 anteriores xunto con:
Marta Prieto Señarís, alumna de 1º de Bacharelato do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. 2ª clasificada a nivel galego.
Raúl Pérez Torrado, alumno de 1º de Bacharelato do IES de Valga. 3º clasificado a nivel galego.

Todos eles, organizados en 2 equipos, constituirán a representación galega na fase Española que, convocada un ano máis polo Colegio de Geólogos, a Sociedad Geológica Española e a AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) terá lugar o día 21 de marzo en Alacante.

Resultados por sedes:

Santiago:

Campión provincial: Saúl Astray Gómez. 2º de Bach. IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

2ª  Clasificada: Marta prieto Señarís. 1º Bach. IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

3º Clasificado:Raúl  Pérez Torrado. 1º Bach. IES de Valga.

Mellor grupo:
Ángel García Pérez, Sara Casal García, Miguel Otero Pampín e Xiana Araúxo Varela.  IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

Accésit 4º ESO: Ángel García Pérez. IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

Vigo:

Campioa provincial: Sandra Pichel Rodríguez – 1ºBach – IES 1º de Marzo- Baiona.

2º Clasificado: Roi González Domínguez – 4º ESO – IES Faro das Lúas- Vilanova de Arousa.

3ª Clasificada: María Pagán Oliveira – 1º Bach IES Teis – Vigo.

Mellor Grupo:
Iago Lopez Fernández, Antía Fernández González, Iria Senra Fernández e Fernando J Abalde Pérez. 4º ESO -Escolas Proval -Nigrán.

Accésit  4º de ESO: Roi González Domínguez 4º ESO- IES Faro das Lúas- Vilanova de Arousa.

Lugo:

Campión provincial: Pablo Bugidos Martín. 1º Bach. IES Nosa señora dos ollos grandes. Lugo.

2ª Clasificada: Violeta Quiroga Álvarez. IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo).

3º Clasificado: Javier Díaz Rodríguez. IES Gregorio Fernández de Sarria (Lugo).

Mellor grupo:  Silvia Armesto Díaz, Selena López Aira, Miriam López Ferreiro, Sonia López Pumarega e Alexis Rodríguez Domínguez. IES Gregorio Fernández de Sarria (Lugo).

Accésit de 4º de ESO: Margarita Fernández Ferro. IES Xoán Montes (Lugo)

Ourense:

Campioa provincial: Lucía Rodríguez Vázquez. I.E.S. “O Couto” Ourense.

2º Clasificado: Nazaret Vázquez Vázquez. I.E.S. “O Couto” Ourense.

3ºClasificado: Lucía España Fariñas. I.E.S. “Chamoso Lamas”. O Carballiño.

Mellor grupo: Nazaret Vázquez Vázquez,  Miguel Franco Pérez e Martín Bernardo Estévez .  4º E.S.O. I.E.S. “O Couto” Ourense.

Dende aquí agradecemos, unha vez máis,   a colaboración ás Universidades de Santiago e Vigo, as Facultades e Escolas nas que se levaron a cabo as probas, así como ás persoas que nelas nos facilitaron as cousas e, como non! Ao alumnado participante que respondeu á nosa convocatoria: ánimo e a seguir aprendendo xeoloxía!

A olimpíada en Facebook: https://www.facebook.com/media/set/?set=oa.960293570649559&type=1

A olimpíada na prensa:

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s