A primavera do 2015 tráenos outra actividade de formación, agora na costa norte de Lugo e Coruña, entre Espasante e Ribadeo: un verdadeiro escaparate xeolóxico onde poder observar e estudar un importante sector do oróxeno Varisco. A actividade comezará o día 5 de xuño ás 19 h cunha charla no IES María Sarmiento de Viveiro. O sábado día 6 partiremos de Viveiro para pasar unha xornada de campo que nos vai levar a distintos puntos de interese xeolóxico. Continuaremos a mañá do domingo día 7 para rematar en Ribadeo sobre as 14,30 h. O interese deste percorrido xeolóxico é indiscutible polo que a actividade promete: só falta que o tempo nos acompañe!
Reblogueó esto en mcastigarciay comentado:
Actividade de Xeoloxia