ACTIVIDADES DE XEOLOXÍA EN OURENSE: “XEOLOXÍA DAS AUGAS TERMAIS: UN EXEMPLO EN GALICIA” e “XEOLOXÍA DO SUR DO CANÓN DO SIL”

SP 1.8Relatores: Pedro Araujo Nespereira, doutor en xeoloxía, profesor da Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias de Ourense e Eduardo Gonzalez Clavijo, xeólogo nunha empresa privada.

Datas e horario de realización: Venres 16 de outubro, de 18 h a 21 h e sábado 17 de outubro dende ás 9 ás 20 h, aproximadamente.

Contidos da actividade:
– Venres 16 ás 18 h, charla: “Xeoloxía das augas termais: un exemplo en Galicia”na Facultade de Ciencias de Ourense, a cargo de Pedro Araujo Nespereira. Posteriormente faremos unha breve visita a unhas instalacións termais.

– Sábado 17: excursión pola zona sur do canón do Sil con paradas para visitar o Parque granítico da Moura, observar a cuarcita Armoricana preto do encoro de Santo Estevo e unha zona de contacto en Alberguería, todo isto no concello de Nogueira de Ramuín. Seguiremos polo concello de Parada de Sil, con parada no mirador de Cabezoás, entre outras, para rematar coa observación das capas dos montes no santuario da Virxe do monte, concello de Esgos.

Número de prazas: 30

Prezo da matrícula: 80 euros para socios, 90 euros para non socios (non caso de non precisar hotel descontaranse 50 € a ese importe e se só se precisa unha noite descontaranse 25 €).
Nos gastos de matrícula van incluídos:
– Aloxamento e almorzo para os dous días.
– Autobús para ir o sábado á Ribeira Sacra.
– Documentación relacionada coa actividade.

Aclaracións:
-O aloxamento dos/as participantes será en habitacións dobres, pero pódese solicitar habitación individual pagando un sobrecusto de 7 euros/día.
-O xantar do sábado farémolo en Parada de Sil, quen queira pode traer picnic, pero tamén hai a posibilidade de xantar nalgún dos bares ou restaurantes que hai alí.
-Estamos xestionando para o domingo unha visita a un balneario con baño incluído, pero precisamos saber canta xente estaría interesada. Tamén hai a posibilidade de reservar comidas de grupo, pero tamén precisamos saber canta xente estaría interesada; por favor contestade a estas dúas cuestións cando mandedes a inscrición.

Prazos de inscrición: dende as 15 horas do mércores 23 de setembro ata as 15 horas do mércores 30 de setembro, enviando un correo electrónico a este enderezo: aepectgalicia@gmail.com no que consten:
Nome e apelidos:
Condición de socio ou non socio (Si/Non):
DNI:
INTERESADO/A NA RESERVA DE COMIDAS (Si/Non)
Cea do venres:
Cea do sábado:
Xantar do domingo:
INTERESADA/O NA VISITA AO BALNEARIO O DOMINGO (Si/Non):

Unha vez rematado o prazo de inscrición poñerémonos en contacto con vós para confirmala e indicar a forma de pagamento.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s