SÁBADOS XEOLÓXICOS NO ORTEGAL!

Cartel_sábados_xeolóxicos_no_Ortegal_2AEPECTgalicia convoca unha serie de xornadas de divulgación, en forma de roteiros de un día enteiro en coche particular e a pé,  para dar a coñecer a impresionante xeoloxía dunha zona que esperamos sexa, nun futuro próximo, o xeoparque de cabo Ortegal:

1. Sábado día 3 de outubro. Teixidelo, un paraíso xeolóxico na Capelada.
2. Sábado día 17 de outubro. Vulcanismo na costa de Ortigueira.
3. Sábado día 24 de outubro. A mineira do cobre e toelo na bisbarra do Ortegal.
4. Sábado día 31 de outubro. Herbeira e o Limo, un paseo polas profundidades da Terra.
5. Sábado día 7 de novembro. Descubrindo ás ecloxitas, as rochas do Cabo Ortegal.
6. Sábado día 14 de novembro. Bateando nos ríos das bisbarras do Eume e Ortegal.

Inscrición:
Dende o mércores 23 de setembro ás 15 horas ao mércores 14 de outubro ás 15 horas (agás ás/aos que se apunten á primeira desas saídas, para a cal o prazo remata o mércores 30 de setembro), enviando un correo electrónico ao enderezo: aepectgalicia@gmail.com indicando:

-NOME E APELIDOS:
-Os sábados nos que se participaría:

Unha vez pechado o prazo de inscrición, poñerémonos en contacto con vós para confirmar a inscrición e indicar a forma de pagamento.

Prezos da inscrición:
—–> nos 6 sábados: 60 €
—–> en 4 sábados: 45 €
—–> en 3 sábados: 35 €
No caso de quedaren prazas, haberá a posibilidade de anotarse para algún sábado illado por un importe de 15 €. Se estades interesados mandade un correo ao enderezo anterior e, unha vez rematado o prazo de inscrición, poñerémonos en contacto con vós.

Aclaracións:

Na información que se xunta vai o punto de encontro para cada roteiro. O desprazamento farase nos coches paticulares dos asistentes pero organizarémonos para levar os menos coches posibles. A hora prevista de saída será as 10 da mañá e a hora de remate xa se precisará, pero en todo caso a saída durará todo o día, polo que é preciso levar bocata.

Máis información:  Sábados_xeolóxicos_no_Ortegal

Anuncios

2 Respuestas a “SÁBADOS XEOLÓXICOS NO ORTEGAL!

  1. Olá,

    Gostaria de saber se há possibilidade de anotar-se para algum dos vindeiros fins de semana, e nesse caso como poderíamos entrar em contacto (nom encontrei link com email ou telefone).

    Agradecido desde já,

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s