VII olimpíada de xeoloxía: fase galega; en marcha!

VII OLIMPÍADA XEOLOXÍA CARTAZ

VII Olimpíada de Xeoloxía. Fase Galega

A VII Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

Nesta edición da Fase Galega patrocinan e colaboran a Facultade de Bioloxía de Santiago, Escola Politécnica Superior de Lugo, E.T.S.E de Minas de Vigo e Facultade de Ciencias de Ourense e as probas realizaranse simultaneamente nestas catro sedes.

BASES:

1. PARTICIPANTES:
Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.
2. INSCRICIÓN:
Os centros interesados en participar solicitarano, cumprimentando e enviando a ficha de inscrición que se xunta a: aepectgalicia@gmail.com entre o 1 de novembro e o 15 de decembro de 2015. Non se establece un número máximo de participantes por centro, pero recoméndase que non sexa máis de 12 alumnos/as (3 grupos).

As probas terán lugar o mércores 17 de febreiro de 2016, entre as 11,30 e as 18,30h

3. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

-Proba teórica de 40 preguntas tipo test.
-Proba práctica; constará de 2 partes:
a) 1ª parte: cuestións arredor do mapa topográfico
b) 2ª parte: proba de “visu” con actividades arredor de fotografías xeolóxicas e exemplares de rochas, minerais e fósiles.

4. PREMIOS:
En cada sede o día das probas entregaranse os premios a:

Campión/oa provincial: diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía.
Accésit 4º ESO: diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía.
Diploma acreditativo para a 2ª e 3ª persoas clasificadas, así como para o mellor grupo.

Nos días posteriores daranse a coñecer os/as 3 primeiros/as clasificados/as por Galicia que recibirán un diploma acreditativo.

Os/as campións/oas provinciais pasarán á Fase Española, que terá lugar en Jaca do 8 ao 10 de abril de 2016. A organización garante a asistencia a esta cos gastos pagados e contando cunha persoa acompañante. Se se rexistrase a suficiente participación, iría tamén a 2ª persoa clasificada en cada provincia.

É de destacar, ademais, que o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar as bolsas que as universidades galegas conceden para os/as premiados nas olimpíadas científicas.

Para máis información dirixirse a: aepectgalicia@gmail.com

ficha inscrición VII olim

Exame teórico da VI Olimpiada resolto PROBA PRACTICA 2015 Mapas PROBA PRACTICA 2015 visu

Ao pé da convocatoria da VI olimpíada, neste mesmo blog, pódense atopar exames das edicións anteriores

Anuncios

2 Respuestas a “VII olimpíada de xeoloxía: fase galega; en marcha!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s