As saídas xeolóxicas: unha actividade en auxe

Sábados_xeolóxicos_2

Se hai uns meses falabamos dende este blog de que a Xeoloxía estaba a interesar cada vez máis en Galicia, agora temos que confirmalo dende a nosa propia experiencia como asociación que organiza saídas xeolóxicas. Dende AEPECTgalicia organizamos este outono dous tipos de saída: unha de fin de semana en Ourense cunha parte sobre termalismo e outra parte de xeoloxía da Ribeira Sacra, principalmente dirixida a profesorado de secundaria, con notable éxito de participación e outra que acaba de finalizar o pasado sábado: os sábados xeolóxicos no Ortegal; dirixida a todo tipo de públicos e na que se esgotaron as prazas ao pouco de sair a convocatoria. Isto demostra que a Xeoloxía interesa cando nola explican ben. Só así se entende que nun grupo de persoas  xurda un espontáneo aplauso cando, por fín, entende como se formou o canón do Sil ou que, deixando a un lado o descanso da fin de semana madrugue, sábado tras sábado, para escoitar a Fran Canosa explicar co seu contaxioso entusiasmo as marabillas xeolóxicas do complexo de cabo Ortegal.

Que tomen nota os concellos, algúns como o de Ribadeo xa o están facendo organizando o pasado verán as xeorutas de Rinlo e da Praia das Catedrais, que engaiolaron a máis de 3000 persoas. O Xeolodía tamén ven demostrando isto, co incremento na participación ano tras ano… E poderíamos seguir.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s