Campións na fase española da VII olimpíada!

IMG-20160410-WA0009Un ano máis estamos de noraboa polo éxito acadado pola representación galega na fase española da VII olimpíada de xeoloxía! Ángel García Pérez do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela foi nada menos que: número 1! Nesta fase: co que, como ocorriu o ano pasado, formará parte da representación española na fase internacional en Xapón o próximo verán. Pero a cousa non queda aí, porque Nazaret Vázquez do IES “O Couto” e Andrea Álvarez do IES “Aquis Querquernis” de Ourense, quedaron entre as/os 8 mellor clasificados/as.

Realmente, como xa dixemos noutras ocasións, a xeoloxía estase a mover en Galicia, e non só nos institutos como o amosa a elevada participación na olimpíada ou a demanda de charlas, obradoiros e saídas de xeoloxía, senón na sociedade en xeral onde o interese aumenta ano a ano como o demostra a elevadísima participación nos xeolodías ou nas diferentes actividades que nós convocamos. Dende AEPECTgalicia congratulámonos por este interese e reiteramos o que xa dixemos outras veces: non se pode pedir que a xente protexa e coide o que non coñece e coñecer e coidar o patrimonio natural, o patrimonio xeolóxico é fundamental para a súa conservación!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s