Nova actividade de formación, agora por Terras da Fonsagrada e Baralla para a fin de semana do 27-29 de maio de 2016:
Contidos: xeoloxía do oeste da provincia de Lugo, estudando en especial, a súa tectónica, petroloxía, metamorfismo e xeomorfoloxía. Comparar e diferenciar os distintos dominios xeolóxicos presentes na Zona Asturoccidental Leonesa entre as localidades de Baralla e A Fonsagrada (Lugo), de acordo cos rasgos más característicos.
Metodoloxía de traballo: realizaranse varias visitas a puntos con un importante interese xeolóxico. Podendo así comprender os distintos acontecmientos xeolóxicos que tivieron lugar durante a formación do oróxeno Varisco hai aproximadamente 350 millones de años. En cada unha das visitas procederase a recoñocer e identificar as rochas e estruturas xeolóxicas presentes nelas, así como os procesos que as orixinaron. O principal obxectivo será ter una visión xeolóxica xeral do sector oriental da provincia de Lugo.
Profesorado: Francisco Canosa Martínez, Investigador e doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Especialista en xacementos minerais, mineraloxía e petroloxía do Noroeste da Península Ibérica.
Aclaracións:
-A actividade entra dentro do plan de formación da AEPECT para 2016 e polo tanto será recoñecida polo Ministerio de Educación con 20 h de formación.
-O percorrido a pé dende os lugares onde nos deixa o autobús será breve e doado.
Máis información e ficha de inscrición: convocatoria gal
Actividade de matrícula de honor
Moi satisfeita coa actividade, inmellorable Fran, magníifca organización e estupenda compañía. Pódese pedir algo máis…. pois sí: aprendín un montón.