Está claro que sigue en auxe en Galicia; Xa o diciamos o ano pasado falando da elevada participación no xeolodía e na olimpíada e reiterámolo este ano despois de ver como sigue aumentando a participación na olimpíada, nos xeolodías das 4 provincias, onde houbo que facer varias quendas e varios días para poder acoller toda a demanda que tiñan. Agora damos a benvida a iniciativas como este blog de xeorutas para este verán http://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es/. Asi que este verán IMOS DE XEORUTA da man dun fantástico xeólogo-divulgador: Francisco Canosa.