Actividade de outono: XEOLOXÍA DA COMARCA DE VALDEORRAS


medulas-de-caldesinos

 Relator: Eduardo González Clavijo, xeólogo pola Universidade de Salamanca.

Datas e horario de realización: Venres 21 de outubro, de 18,30 h a 21 h, sábado 22 de outubro dende ás 9 ás 20 h e domingo 23 de 9 a 14 h, aproximadamente.

Contidos da actividade:

Na xeoloxía da zona de Valdeorras destacan dúas características: as canteiras de lousa e a pedra calcaria, moi rara en Galicia. Pero tamén atopamos minería romana de ouro, abundante en toda a área, e minería actual (canteiras de cuarcita e de calcaria). Por outra banda podemos ver un mármore cámbrico e o gneis de Viana, un dos materiais máis antigos da Zona Centro-Ibérica. As dificultades de datación e de interpretación dos materiais paleozóicos son un problema en todo o Macizo Ibérico, do que forma parte esta rexión. Aínda que este sexa un espazo sen oroxenias recentes, veremos dous exemplos de inestabilidade de ladeiras xerados pola construción de infraestruturas e pola acción das augas subterráneas.

Programa:

– Venres 21 ás 18,30 h recepción de participantes. Ás 19h charla: “Problemática dos límites entre unidades e datación dos materiais paleozoicos”.

– Sábado 22: Saída ás 9h cara a unha canteira de lousa, despois visitaremos as minas romanas de Caldesiños, preto de Viana do Bolo. Xeoloxía da bisbarra de Viana, as Ermidas e a localidade de Chandoiro para por ver dobras de fase I. Despois visitaremos as minas romanas de Córgomo e O Barco de Valdeorras.

– Domingo 23: Saída ás 9 h cara a Serra da Enciña da Lastra para visitar os Penedos de Oulego, a caleira e as covas kársticas de Covas e un curioso esvaramento de ladeira actual que afecta ao ferrocarril. A última hora, visita ao museo xeolóxico de Quiroga.

Número de prazas: 30

Prezo da matrícula: 85 euros para socios, 95 euros para non socios.

No importe da matrícula están incluídos:

– Aloxamento e almorzo no Barco de Valdeorras para os dous días.

– Picnic para o xantar de campo do sábado.

– Entrada ao museo xeolóxico de Quiroga.

– Documentación relacionada coa actividade.

Aclaracións:

-O desprazamento farase en coches particulares, organizarémonos para levar os menos posibles.

-O aloxamento dos/as participantes será en habitacións dobres.

-O percorrido a pé será breve e doado.

Aclaracións sobre comidas: Non están incluídas no prezo da matrícula as ceas do día 21 e 22 nin o xantar do domingo 23 en Quiroga. Vaise reservar para facelas en grupo; no caso de estardes interesados/as en algunha ou todas esas comidas, facédeo constar na inscrición.


Prazos de inscrición: Dende as 15 horas do venres 23 de setembro ata as 15 horas do venres 30 de setembro, (unha vez rematado este prazo confirmarase a inscrición e abrirase un período de ingreso da matrícula), enviando un correo electrónico a este enderezo: aepectgalicia@gmail.com coa seguinte ficha cumprimentada:

Estou interesado/a en participar na actividade: “Xeoloxía da comarca de Valdeorras”

Nome e apelidos:

DNI:

Condición de socio/a ou non socio/a (S/N):

Gustaríame participar nas seguintes comidas de grupo (marcade cun S/N)

-Cea do venres 21 (10 €):

-Cea do sábado 22 (15 €):

-Xantar do domingo 23 en Quiroga (18 €):

Anuncios

Una respuesta a “Actividade de outono: XEOLOXÍA DA COMARCA DE VALDEORRAS

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s