VIII olimpíada de xeoloxía. Fase galega

viii-olimpiada-xeoloxia-cartaz

A VIII Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

Nesta edición da Fase Galega patrocinan e colaboran a Facultade de Bioloxía de Santiago, Escola Politécnica Superior de Lugo, E.T.S.E de Minas de Vigo e Facultade de Ciencias de Ourense e as probas realizaranse simultaneamente nestas catro sedes.

                                                                         BASES:

1. PARTICIPANTES:

Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.

2. INSCRICIÓN:

Os centros interesados en participar solicitarano, cumprimentando e enviando a ficha de inscrición que se xunta a: aepectgalicia@gmail.com entre o 1 de novembro e o 15 de decembro de 2016. Non se establece un número máximo de participantes por centro, pero recoméndase que non sexa máis de 12 alumnos/as (3 grupos).

As probas terán lugar o mércores 15 de febreiro de 2017, entre as 11,30 e as 18,30h

3. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

-Proba teórica de 40 preguntas tipo test.

-Proba práctica; constará de 2 partes:

a) 1ª parte: cuestións arredor do mapa topográfico

b) 2ª parte: proba de “visu” con actividades arredor de fotografías xeolóxicas e exemplares de rochas, minerais e fósiles.

4. PREMIOS:

En cada sede o día das probas entregaranse os premios a:

Campión/oa provincial: diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía.

Accésit 4º ESO: diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía.

Diploma acreditativo para a 2ª e 3ª persoas clasificadas, así como para o mellor grupo.

Os/as campións/oas de cada sede pasarán á Fase Española, que terá lugar en Salamanca o 1 de abril de 2017. A organización garante a asistencia a esta cos gastos pagados e contando cunha persoa acompañante. Se se rexistrase a suficiente participación, iría tamén a 2ª persoa clasificada en cada provincia.

É de destacar, ademais, que o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar as bolsas que as universidades galegas conceden para os/as premiados nas olimpíadas científicas.

Para máis información dirixirse a: aepectgalicia@gmail.com

ficha-inscricion-viii-olim

Exames da VII olimpíada.

exame-teorico proba-de-mapas proba-visu

Ao pé das convocatorias da VII e VI  olimpíadas, neste mesmo blog, pódense atopar os exames de edicións anteriores

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s