Aquí estamos outra vez coa actividade anual de primavera; neste caso pola costa Ártabra e serra do Forgoselo.
Contidos da actividade: tanto na Costa Ártabra como na Serra do Forgoselo, situadas no norte da provincia da Coruña, estudaranse distintos aspectos xeolóxicos, pero en especial, a súa xeomorfoloxía, petroloxía, tectónica e metamorfismo. De igual modo se compararán e identificarán os distintos dominios xeolóxicos presentes nesta zona das comarcas de Eume e Ferrolterra, onde o rexistro xeolóxico evidencia os acontecementos que afectaron a boa parte dos materiais que constitúen o noroeste peninsular.
Metodoloxía de traballo: levaranse a cabo varias visitas a puntos cun importante interese xeolóxico. Podéndose así comprender os distintos acontecementos xeolóxicos que tiveron lugar durante a formación do oróxeno Varisco hai aproximadamente 350 millóns de anos. En cada unha das visitas procederase a recoñecer e identificar as rochas estruturas xeolóxicas presentes nelas, así como os procesos que as orixinaron. O principal obxectivo será ter una visión xeolóxica xeral do sector norte da provincia da Coruña. Previamente á saída, os participantes terán un dossier de información xeolóxica que lles servirá como primeira aproximación ao que van ver. A partir de aí elaborarán as intervencións e/ou dúbidas que tratarán no campo. Asi mesmo acabarán o corte xeolóxico que será enviado a posteriori para proceder a su avaliación.
Profesorado: Francisco Canosa Martínez, Investigador e doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Especialista en xacementos minerais, mineraloxía e petroloxía do Noroeste da Península Ibérica.
Aclaracións:
– A actividade entra dentro do plan de formación da AEPECT para 2017 e polo tanto será recoñecida polo Ministerio de Educación con 20 h de formación.
– Os desprazamentos faranse en coches particulares, organizarémonos para levar os menos posibles. O percorrido a pé será breve e doado.
Para máis información e ficha de inscrición: Convoc gal