A IX Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.
Nesta edición da Fase Galega patrocinan e colaboran a Facultade de Bioloxía de Santiago, Escola Politécnica Superior de Lugo, E.T.S.E de Minas de Vigo e Facultade de Ciencias de Ourense e as probas realizaranse simultaneamente nestas catro sedes.
BASES:
1. PARTICIPANTES:
Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.
2. INSCRICIÓN:
Os centros interesados en participar solicitarano, cumprimentando e enviando a ficha de inscrición que se xunta a: aepectgalicia@gmail.com entre o 1 de novembro e o 15 de decembro de 2017. Non se establece un número máximo de participantes por centro, pero recoméndase que non sexa máis de 12 alumnos/as (3 grupos).
As probas terán lugar o mércores 7 de febreiro de 2018, entre as 11,30 e as 18,30 h
3. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:
-Proba teórica de 40 preguntas tipo test.
-Proba práctica con cuestións arredor do mapa topográfico, minerais, rochas, fósiles e paisaxes xeolóxicas.
4. PREMIOS:
En cada sede o día das probas entregaranse os premios a:
–Campión/oa provincial: diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía.
–Accésit 4º ESO: diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía.
–Diploma acreditativo para a 2ª e 3ª persoas clasificadas, así como para o mellor grupo.
As persoas que acaden a máxima cualificación en cada sede pasarán á Fase Española, que terá lugar en Segovia 17 de marzo de 2018. A organización garante a asistencia a esta cos gastos pagados e contando cunha persoa acompañante. Se se superan os 50 participantes por sede, irá tamén a 2ª persoa clasificada por esa provincia e se se superan os 100 iría a 3ª.
É de destacar, ademais, que o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar as bolsas que as universidades galegas conceden para os/as premiados nas olimpíadas científicas.
Para máis información dirixirse a: aepectgalicia@gmail.com
Ficha de inscrición: ficha inscrición IX olim
Exames da VIII olimpíada: Exame tipo test olimpíada EXERCICIODEMAPAS2017PROBAPRACTICA2017