NOVA ACTIVIDADE: AGORA NAS COMARCAS DA GUDIÑA E SANABRIA

Un ano máis convocamos a actividade de primavera, desta vez saímos de Galicia cara a terras Zamoranas cunha pequena incursión en Portugal. Seguindo a pista do ollo de sapo achegarémonos a unha das zonas clave para entender o oróxeno Varisco. E para rematar o espectacular modelado glaciar da contorna do lago de Sanabria; Que máis podemos pedir!!!

Profesorado: Eduardo González Clavijo, xeólogo pola Universidade de Salamanca.

Datas e horario de realización: Venres 1 de xuño, de 19 h a 21 h, sábado 2 de xuño dende ás 9 ás 20 h e domingo 3 de 9 a 14 h, aproximadamente.

Contidos da actividade:

Na xeoloxía da estas zonas destaca o relevo glaciar na contorna da lago de Sanabria e en outras zonas preto das portelas da Canda e do Padornelo. Pero tamén atopamos minería romana de ouro e máis actual de estaño. Por outra banda podemos ver o gneis Ollo de Sapo e os granitos de anatexia que se orixinan a partir del, na fusión xerada nos domos extensionais da formación Ollo de Sapo. As dificultades de datación e de interpretación dos materiais paleozóicos son un problema en todo o Macizo Ibérico, coma xa se viu na zona de Valdeorras. Non é posible observar dunha forma clara a estrutura dos domos pero si as consecuencias da súa formación. No norte de Portugal obsérvanse claramente os materiais sinoroxénicos xerados polo avance da oroxenia Varisca.

Programa:

– Venres 1: ás 18,30 h recepción de participantes. Ás 19h charla: “Interpretación da formación Ollo de Sapo e dos materiais silúricos no noroeste da Macizo Ibérico”.

– Sábado 2: Saída ás 9h cara ao “Montefurado” romano de Barxa e as súas minas de estaño. Efectos dos domos extensionais e o sinoroxénico en Carvalhas (Portugal). Despois veremos a anatexia do gneis Ollo de Sapo preto de Lubián.

– Domingo3: Saída ás 9 h para visitar as zonas de moreas e till na contorna do lago de Sanabria. Pequena ruta a pé polo canón do río Tera observando os seus curiosos depósitos rochosos.

Animádevos! Vémonos en Sanabria!

Para máis información e inscrición: Convoc Gu-Sanabria

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s