Fase galega da X olimpíada: novo récord de participación!

O pasado 13 de febreiro celebrouse a fase galega da X olimpíada de xeoloxía con novo récord de participación: arredor de 330 estudantes de 4º de ESO e Bacharelato participaron en 4 sedes: na Escola de Minas en Vigo, Facultade de Bioloxía en Santiago, Facultade de Ciencias de Ourense e Concello de Viveiro. Un notable aumento da participación en número tamén de centros participantes que ven a confirmar, unha vez máis que a Xeoloxía se move nos centros de Ensino. Que cada vez é máis demandada polo estudantado galego e que esperta interese dentro e fóra das aulas. Este ano, ca novidade da realización da fase práctica no exterior en formato de xincana xeolóxica en 3 das 4 sedes. Este formato foi valorado moi positivamente tanto polo alumnado como polo profesorado participante porque achega a Xeoloxía á realidade e á vida cotiá do alumnado.

Dende aquí queremos manifestar, unha vez máis ao Concello de Viveiro, así como ás Universidades de Vigo e Santiago que dende a Escola de Minas, Facultade de Ciencias e Facultade de Bioloxía nos deron apoio e cobertura. Agradecemos tamén a colaboración da Consellería de Educación sen o cal non sería posible organizar un evento de esta magnitude.

Grazas a este incremento na participación: 8 Representantes das 4 sedes viaxarán a Cáceres á fase española desta olimpíada! e quen sabe se algún/algunha deles/as chegará á fase internacional en Daegu (Corea do sur). Os nosos mellores desexos para eles e elas. Parabéns a todas as persoas premiadas e grazas a todos e todas por participar!

As persoas premiadas nesta ocasión foron:

Sede de Santiago:

1ª clasificada provincial e finalista en Cáceres:

Andrea Castro Dios, 2º de Bacharelato do IES Rosalía de Castro de Santiago

2ª Clasificada Provincial e finalista en Cáceres:

Silvia Pérez Vidal, de 2º de Bacharelato do IES de Valga

3ª Clasificada provincial e finalista en Cáceres:

Xabier Lires Saborido, de 1º de Bacharelato do IES Virxe do Mar de Noia.

Accésit de 4º de ESO : Lia Zhu Muñiz Briones, do IES da Pobra do Caramiñal.

Mellor Equipo: do IES de Brión e IES Virxe do mar de Noia, empatados

Do IES de Brión:                     Do IES Virxe do mar de Noia:

-Tania García Pedrosa            -Rodrigo Iglesias Monzón

-Antía Cunqueiro Lapido        -Daniel González Filgueira

-Andrea C. Antelo Hermida    -Jesús Campos Manjón

-Alba Muñiz Lesta                  -Xabier Lires Saborido

-Miguel Gil Seoane                 -J Antonio Fernández Boullón

Sede de Viveiro (Lugo):

1ª clasificada provincial e finalista en Cáceres:

Noa Pardo Rivera, de 2º de Bacharelato do IES María Sarmiento, de Viveiro.

2º Clasificado Provincial:

Mateo Piñón Riveira, de 2º de Bacharelato do IES Antón Vilar Ponte, de Viveiro.

3º Clasificado provincial:

Brais Aguiar Fernández, de 2º de Bacharelato do IES Antón Vilar Ponte, de Viveiro.

Accésit de 4º de ESO : Álvaro Sampayo Bouza, do IES de Ortigueira.

Mellor Equipo: do IES María Sarmiento, de Viveiro.

  • Elena Ríos Rodríguez
  • Christian Rey Fernández
  • Ljuba Porsch Galera
  • Raúl Díaz Hermida

Sede de Ourense:

1ª clasificada provincial e finalista en Cáceres:

Yolanda González Conde, 2º Bacharelato, IES Aquis Querquernis, Bande.

2ª Clasificada Provincial:

Rebeca Baliña Rodríguez, 4º ESO IES Ferro Couselo, Ourense. O noso recoñecemento especial para esta alumna, de 4ºESO, que se coloca como 2ª na clasificación provincial.

3º Clasificado provincial:

Martín González Rodríguez, 1ºBacharelato, IES Aquis Querquernis, Bande.

Accésit de 4º de ESO :

Paula Senaz Feijoo, IES Aquis Querquernis, Bande.

Mellor Equipo: 1º Bacharelato IES Val do Asma, Chantada.

Noelia Areán González

Sarai Civeira Fernández

Mario Pérez Rodríguez

Carlos Vázquez González

Sede de Vigo:

1º clasificado provincial e finalista en Cáceres:

Alex Camaño Lorenzo, de 2º de Bacharelato, do IES “María Soliño” de Cangas

2ª Clasificada Provincial e finalista en Cáceres:

Alba Campos Pérez, de 1º de Bacharelato, do IES “María Soliño” de Cangas

3º Clasificado provincial e finalista en Cáceres:

Gabriel Villar Soliño, de 2º de Bacharelato, do IES “María Soliño” de Cangas

Accésit de 4º de ESO :

Sabela González Alcántara, do IES “República Oriental do Uruguai” de Vigo

Mellor Equipo: do IES “María Soliño” de Cangas

Yago Malvido Ríos

Alex Camaño Lorenzo

Gabriel Villar Soliño

Alba Fernández Portela

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s