Xa está programada a actividade de primavera, nesta volta visitaremos as terras fronteirizas do suroeste da provincia de Ourense, na raia seca con Portugal, a Serra do Xurés. Ademais do seu modelado granítico, descubriremos outros atractivos aspectos xeolóxicos da Serra que enriquecen o conxunto.
Profesorado: Francisco Canosa Martínez, Investigador e doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Especialista en xacementos minerais, mineraloxía e petroloxía do Noroeste da Península Ibérica.
Datas e horario de realización: Venres 7 de xuño, de 19:00 h a 21:00 h, sábado 8 de xuño dende ás 8:30 ás 21:00 h e domingo 9 de 9:00 a 14:00 h, aproximadamente..
Contidos da actividade:
Con este curso preténdese dar a coñecer a xeoloxía do extremo suroeste da provincia de Ourense, onde a Serra do Xurés será un dos principais atractivos xeolóxicos. Unha serra ben coñecida polas súas formas graníticas e o seu salientable modelado glaciar. Pero tamén haberá tempo para descubrir os campos de pegmatitas ou as migmatitas que conforma a marxe norte do batolito da Peneda-Gerés. Outra zona a visitar será a contorna de Celanova, onde a presenza de rochas volcánicas metamorfizadas e subvolcánicas contrastan entre as habituais rochas graníticas e metasedimentos do Paleozoico inferior.
Programa:
– Venres 7 de Xuño: Ás 18:30 h recepción de participantes no Hotel Lusitano (Lobios). Ás 19h charla: “A serra do Xurés. Moito máis que un penedo granítico”.
– Sábado 8 de Xuño: Saída ás 8:40 h cara ao Concello de Muíños, e inicio das actividades en Muíños, Mugueimes e Lobios. Picnic e paradas en Lobeira e Entrimo. Ao remate, volta a Lobios e cea.
– Domingo 9 de Xuño: Saída ás 9:00 h dirección a Celanova con actividades en Bande, Cartelle e Bentraces. Ao concluír, xantar en Celanova.
Vémonos no Xurés!
XEOLOXÍA DA SERRA DO XURÉS_2 FICHA DE PREINSCRICIÓN CURSO XEOLOXÍA DA SERRA DO XURÉS