XI OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA: FASE GALEGA. CONVOCATORIA

A XI Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

Nesta edición da Fase Galega contamos coa colaboración da Consellería de Educación, ademais das Facultades de Bioloxía de Santiago, de Ciencias da Coruña, E.M.E de Minas de Vigo, a Facultade de Ciencias de Ourense e o Concello de Viveiro e as probas realizaranse simultaneamente nestas cinco sedes.

                                                            BASES:

1. PARTICIPANTES:

Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.

2. INSCRICIÓN:

Os centros interesados en participar solicitarano, cumprimentando e enviando a ficha de inscrición que se xunta a: aepectgalicia@gmail.com, entre o 1 de novembro e o 15 de decembro de 2019. O número máximo de participantes por centro, nas sedes de Santiago, Vigo e A Coruña, por cuestións de espazo, será de 8 alumnos/as. No resto das sedes non se establece un número máximo.

As probas terán lugar o mércores 12 de febreiro de 2020, entre as 11,30 e as 18,30 h

3. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

-Proba teórica de 40 preguntas tipo test.

-Proba práctica con cuestións arredor do mapa topográfico, minerais, rochas, fósiles e paisaxes xeolóxicas.

4. PREMIOS:

En cada sede o día das probas entregaranse diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía a:

-Campión/oa

– 2ª e 3ª persoas clasificadas

-Accésit 4º ESO

-Mellor grupo

As persoas que acaden a máxima cualificación en cada sede pasarán á Fase Española, que terá lugar en Cuenca o 28 de marzo de 2020. A organización garante a asistencia do grupo de gañadores/as de Galicia a esta fase, cos gastos pagados e contando cunha persoa acompañante. Se se superan os 50 participantes por sede, irá tamén a 2ª persoa clasificada por esa sede e se se superan os 100 iría a 3ª.

É de destacar, ademais, que o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar as bolsas que as universidades galegas conceden para as persoas premiadas nas olimpíadas científicas.

Para máis información dirixirse a: aepectgalicia@gmail.com

Fichas de inscrición para alumnado e profesorado: ficha inscrición XI olim Ficha inscrición profesorado XI olimpíada

Probas da X olimpíada: Xincana Proba test

Ao pé de cada convocatoria, neste mesmo blog, podedes atopar máis probas das olimpíadas anteriores.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s