Profesor: Francisco Canosa Martínez, Investigador e doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Especialista en xacementos minerais, mineraloxía e petroloxía do Noroeste da Península Ibérica.
Datas e horario de realización: martes 21 de xullo, de 10:30 h a 20:30 h, mércores 22 de xullo dende ás 8:30 ás 21:00 h e xoves 23 de xullo de 9:00 a 14:00 h, aproximadamente.
Contidos da actividade:
Este curso da AEPECT-Galicia ten por obxectivo principal coñecer un pouco mellor a xeoloxía dun dos lugares con maior interese xeolóxico do continente europeo. É que Cabo Ortegal posúe entre outros fitos xeolóxicos, o maior afloramento de ecloxitas do planeta, unha das máis completas unidades ofiolíticas do mundo, a única praia de area negra non volcánica presente na Terra. Todos estes lugares xunto con outros moitos poderán ser visitados nestas xornadas.
O martes 21, no Auditorio Municipal de Cedeira haberá unha serie de conferencias plenarias de distintos expertos como apoio e difusión da candidatura de Cabo Ortegal como xeoparque mundial da Unesco. Os relatores desta xornada co-organizada pola AEPECTGALICIA e o Concello de Cedeira, e abertas ao público en xeral, serán:
-
Augusto Pérez Alberti, catedrático de xeografía física.
-
José Ángel Sánchez, director científico do “Geoparque de Las Loras”.
-
João Alves, xeólogo no “Geoparque Terras de Cavaleiros”.
-
Francisco Canosa, doutor en xeoloxía.
-
Mesa redonda moderada por Belén Pérez Pérez, bióloga, docente e socia da AEPECT.
O mércores 22 e o xoves 23 pola mañá realizaranse diferentes saídas de campo para coñecer varios dos lugares con maior patrimonio xeolóxico do Cabo Ortegal, dirixidas por Francisco Canosa, e as que nos acompañarán os relatores convidados.
O xoves 23 pola tarde haberá para quen o desexe e se inscriba, dúas actividades opcionais:
-
Paseo xeolóxico guiado en barco polo litoral entre Cedeira e Cariño (sempre que as condicións marítimas e meteorolóxicas o permitan). No barco só haberá 24 prazas dispoñibles, en quendas de 12 persoas.
-
Visitas guiadas ao xacemento arqueolóxico de punta Sarridal e ao museo “Mares de Cedeira”.
Ámbalas dúas terán unha duración de 2 horas e 15 min aproximadamente, e mentres un grupo vai en barco o outro grupo fará a outra visita.
Programa:
Martes, 21 de Xullo
-
10:30 — Presentación das xornadas
-
11:00 — “Patrimonio xeomorfolóxico de Ferrolterra e Ortegal”. A cargo de Augusto Pérez Alberti
-
12:00 — Descanso
-
12:30 — “Geoparque Terra de Cavaleiros, diferenzas e similitudes con Cabo Ortegal”. A cargo de João Alves
-
13:30 — Pausa para o xantar
-
16:30 — “Como se gestiona un geoparque, el ejemplo de Las Loras”. A cargo de José Ángel Sánchez
-
17:30 — “Xeoparque do Cabo Ortegal, pisando o interior da Terra”. A cargo de Francisco Canosa
-
19:00 — Descanso
-
19:30 — Mesa redonda
-
20:30 — Peche da xornada. Despois recepción e entrega das chaves no hotel Herbeira en Cedeira
Mércores, 22 de Xullo
-
08:00 — Almorzo
-
08:40 — Saída en coches cara o concello de Ortigueira
-
09:40 — Inicio das actividades en Espasante e despois Porto de Cariño, Punta dos Aguillóns e Macizo de Herbeira.
-
14:00 — Xantar de pícnic e de seguido paradas en Chao do Monte, Punta Candieira e Porto de Cedeira.
-
20:00 — Remate aproximado e regreso a Cedeira
-
21:30 – Cea
Xoves, 23 de Xullo
-
08:30 — Almorzo
-
09:00 — Saída en coches cara o concello de Valdoviño
-
09:20 — Inicio das actividades na praia de Pantín, Moeche e A Barqueira (Cerdido)
-
14:00 — Conclusións e peche do curso. Xantar de pícnic en Cedeira para os inscritos nas actividades opcionais da tarde.
-
16:30 — Primeira quenda das actividades opcionais (barco/arqueolóxica-museo)
- 18:45 — Segunda quenda das actividades opcionais (barco/arqueolóxica-museo)
Máis información e ficha de preinscrición: Xeoparque do Cabo Ortegal_pisando o interior da Terra_galego