II CURSO “Xeoparque do Cabo Ortegal, pisando o interior da Terra”

Ante o éxito da I convocatoria, convocamos a 2ª edición do curso:

II CURSO “Xeoparque do Cabo Ortegal, pisando o interior da Terra

Profesor: Francisco Canosa Martínez, Investigador e doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Especialista en xacementos minerais, mineraloxía e petroloxía do Noroeste da Península Ibérica.

Datas e horario de realización: venres 25 de setembro, de 19:00 h a 20:30 h, sábado 26 de setembro dende ás 8:30 ás 21:00 h e domingo 27 de setembro de 9:00 a 14:00 h, aproximadamente.

Contidos da actividade:

Este curso da AEPECT-Galicia ten por obxectivo principal coñecer un pouco mellor a xeoloxía dun dos lugares con maior interese xeolóxico do continente europeo. É que Cabo Ortegal posúe entre outros fitos xeolóxicos, o maior afloramento de ecloxitas do planeta, unha das máis completas unidades ofiolíticas do mundo, a única praia de area negra non volcánica presente na Terra. Todos estes lugares xunto con outros moitos poderán ser visitados nestas xornadas.

O venres 25, no Auditorio Municipal de Cedeira haberá unha conferencia aberta ao público en xeral sobre os contidos do curso a cargo de Francisco Canosa, doutor en xeoloxía.

O sábado 26 e o domingo 27 pola mañá realizaranse diferentes saídas de campo para coñecer varios dos lugares con maior patrimonio xeolóxico do Cabo Ortegal, dirixidas por Francisco Canosa.

O domingo 27 pola tarde haberá para quen o desexe e se inscriba, dúas actividades opcionais:

  • Paseo xeolóxico guiado en barco polo litoral entre Cedeira e Cariño (sempre que as condicións marítimas e meteorolóxicas o permitan). No barco só haberá 24 prazas dispoñibles, en quendas de 12 persoas.

  • Visitas guiadas ao xacemento arqueolóxico de punta Sarridal e ao museo “Mares de Cedeira”.

Ámbalas dúas terán unha duración de 2 horas e 15 min aproximadamente, e mentres un grupo vai en barco o outro grupo fará a outra visita.

Programa:

Venres, 25 de Setembro

  • 19:00 – Charla “Xeoparque do Cabo Ortegal, pisando o interior da Terra”. A cargo de Francisco Canosa.

Sábado, 226de Setembro

  • 08:00 — Almorzo

  • 08:40 — Saída en coches cara o concello de Ortigueira

  • 09:40 — Inicio das actividades en Espasante e despois Porto de Cariño, Punta dos Aguillóns e Macizo de Herbeira.

  • 14:00 — Xantar de pícnic e de seguido paradas en Chao do Monte, Punta Candieira e Porto de Cedeira.

  • 20:00 — Remate aproximado e regreso a Cedeira

  • 21:30 – Cea

Domingo, 27 de Setembro

  • 08:30 — Almorzo

  • 09:00 — Saída en coches cara o concello de Valdoviño

  • 09:20 — Inicio das actividades na praia de Pantín, Moeche e A Barqueira (Cerdido)

  • 14:00 — Conclusións e peche do curso. Xantar de pícnic en Cedeira para os inscritos nas actividades opcionais da tarde.

  • 16:30 — Primeira quenda das actividades opcionais (barco/arqueolóxica-museo)

  • 18:45 — Segunda quenda das actividades opcionais (barco/arqueolóxica-museo)Máis información e ficha de inscrición: II CURSO Xeoparque do Cabo Ortegal_pisando o interior da Terra

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s