ACTIVIDADE DE VERÁN NOS ANCARES

Un ano máis resistímonos a quedar se actividades pola Pandemia e dende AEPECTgalicia, convocamos esta para o mes de xullo; animádevos! Vémonos nos Ancares!

“RECONSTRUINDO A HISTORIA XEOLÓXICA DOS ANCARES”

Poñentes:

·        Francisco Canosa Martínez, Investigador e doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Especialista en xacementos minerais, mineraloxía e petroloxía do Noroeste da Península Ibérica.

·        Augusto Pérez Alberti, Catedrático de xeografía física.

Datas e horario de realización: luns 12 de xullo, de 19:00 h a 20:30 h, martes 13 de xullo dende ás 8:30 ás 20:00 h e mércores 14 de xullo de 9:00 a 19:00 h, aproximadamente.

Contidos da actividade:

Este curso da AEPECT-Galicia ten por obxectivo principal visitar a bisbarra dos Ancares, unha zona cun variado patrimonio xeolóxico que nos permitirá descubrir a orixe e evolución das súas principais formacións xeolóxicas, así como botarlle unha ollada á intensa actividade mineira da época romana. Pero as pegadas deixadas polos glaciares nestas montañas será outro dos atractivos destas xornadas formativas.

O luns 12 de xullo, as 19:00 horas, charla divulgativa sobre a xeoloxía dos Ancares na sala de conferencias do Hotel Piornedo. Remate as 20:30 horas.

O martes 13, as 8:30 h inicio das actividades no Piornedo. Comida de Picnic. Remate as 20:00 h. A temática será o glaciarismo, xeomorfoloxía e xeoloxía dos Ancares.

O mércores 14, as 9:00 h inicio das actividades no Piornedo. Comida de Picnic. Remate as 19:00 h. A temática será a xeoloxía dos Ancares.

Número de prazas: 30.

Máis información e Inscricións:

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s