XIV Olimpíada de Xeoloxía: fase galega.

A XIV Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

Nesta edición da Fase Galega contamos coa colaboración da Consellería de Educación, ademais das Facultades de Bioloxía de Santiago, de Ciencias da Coruña, E.M.E de Minas de Vigo, a Facultade de Ciencias de Ourense, ademais do Xeoparque das montañas do Courel. As probas realizaranse simultaneamente en cinco sedes: A Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Xeoparque das Montañas do Courel (Lugo).

                                                           BASES:

1. PARTICIPANTES:

Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.

2. INSCRICIÓN:

Os centros interesados en participar solicitarano, cumprimentando e enviando a ficha de inscrición que se xunta a: aepectgalicia@gmail.com entre o 15 de novembro e o 22 de decembro de 2022. O número máximo de participantes por centro,será de 8 alumnos/as (2 grupos).

As probas terán lugar o mércores 8 de febreiro de 2023 entre as 11 e as 18 h.

3. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

-Proba teórica de 40 preguntas tipo test.

-Proba práctica, por equipos.           

4. PREMIOS:

Cada sede concederá diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía a:

Campión/oa.

2ª e 3ª persoas clasificadas.

Accésit 4º ESO.

Mellor grupo.

As persoas que acaden a máxima cualificación en cada sede pasarán á Fase Española, que se levará a cabo o día 25 de marzo en Jaén. A organización garante a asistencia a esta, do grupo de gañadores/as de Galicia, cos gastos pagados e contando cunha persoa acompañante. Se se superan os 50 participantes por sede, irá tamén a 2ª persoa clasificada por esa sede e se se superan os 100 iría a 3ª. 

É de destacar, ademais, que o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar as bolsas que as universidades galegas conceden para as persoas premiadas nas olimpíadas científicas.

Para máis información dirixirse a:  aepectgalicia@gmail.com


Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s