XV OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA: FASE GALEGA

A XV Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

Nesta edición da Fase Galega contamos coa colaboración da Consellería de Educación, ademais das Facultades de Bioloxía de Santiago, de Ciencias da Coruña, E.M.E de Minas de Vigo, o Xeoparque das Montañas do Courel e o Xeoparque do Cabo Ortegal. As probas realizaranse simultaneamente en catro sedes: Xeoparque de Cabo Ortegal (A Coruña), Xeoparque das Montañas do Courel (Lugo), Santiago e Vigo. 

A preparación de alumnado para a Olimpíada de xeoloxía, fase autonómica, será recoñecida con 15 horas de innovación e/ou investigación educativa para o profesorado, 25 horas máis no caso de pasar á fase española.

BASES:

1. PARTICIPANTES: 

Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.

2. INSCRICIÓN:

Os centros interesados en participar solicitarano, cumprimentando e enviando a ficha de inscrición que se xunta a: aepectgalicia@gmail.com entre o 15 de novembro de 2023 e o 22 de decembro de 2023. O número máximo de participantes por centro será de 8 alumnos/as (2 grupos). 

As probas terán lugar o mércores 7 de febreiro de 2024 entre as 11 h e as 18 h.

3. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

-Proba teórica de 40 preguntas tipo test.

-Proba práctica, por equipos.

4. PREMIOS:

Cada sede concederá diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía a:

Campión/oa

2ª e 3ª persoas clasificadas

Accésit 4º ESO

Mellor grupo

As persoas que acaden a máxima cualificación en cada sede pasarán á Fase Española, que se levará a cabo o día 13 de abril en Zamora. A organización garante a asistencia a esta, do grupo de gañadores/as de Galicia, cos gastos pagados e contando cunha persoa acompañante. Se se superan os 50 participantes por sede, irá tamén a 2ª persoa clasificada por esa sede e se se superan os 100 iría a 3ª.  

É de destacar, ademais, que o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar as bolsas que as universidades galegas conceden para as persoas premiadas nas olimpíadas científicas.

Achegamos a ficha de inscrición do profesorado e dos grupos de alumnos e alumnas. Ademais, para aqueles e aquelas que participades por primeira vez, deixamos como modelo as probas da edición do ano pasado. Vémonos en febreiro!

Para máis información dirixirse a:  aepectgalicia@gmail.com

Deja un comentario